Thursday 02 de May de 2024

O auditorio pobrense acollerá unha charla para entende-la factura da luz


A Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), e a Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC) organizan unha charla para entende-la factura da luz e diversos conceptos do mercado da electricidade. Será no 23 de abril, ás 18.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.

O dito coloquio terá como relator a Jesús Castro, membro da referida entidade, quen ensinará como interpreta-la factura da electricidade, os conceptos que nela aparecen reflectidos e, polo tanto, coñecer se o importe é o correcto ou non. Outras cuestións que se van explicar son as particularidades do mercado libre e do mercado regulado e como afectan no contrato da electricidade. Tamén se responderán as dúbidas que expoñan as persoas asistentes e indicaranse os servizos que a FAEPAC pode dar á veciñanza.

A entrada é libre ata completa-la cabida.